jueves, 16 de febrero de 2012

Nota de Prensa enviada por la CIG- Santiago para denunciar la Situación de Urgencias del CHUS

Paso a reproducir la nota de prensa que ha enviado Cig-Saúde Santiago para denunciar en empeoramiendo de la Asistencia en el servicio de Urgencias del CHUS tras la apertura de la nueva sala de Observación sin aumento de personal:


NOTA Á PRENSA CO ROGO DA SÚA PUBLICACIÓN
SERVIZO DE URXENCIAS DO H. CLÍNICO
Cig-Saúde da Comarca de Compostela, quere denunciar á opinión pública, o deterioro na calidade e tempos de asistencia que se están a producir como consecuencia da última restructuración producida neste servizo.
Trala apertura da tan promocionada nova sala de Observación ( con capacidade para 28 doentes ,500 metros cadrados de superficie e un custo de 500.000 euros ), o incremento de superficie, sin o conseguinte aumento de persoal, conleva un emperoramento  na calidade de asistencia.
Por este motivo, a día de Hoxe, seguen pechadas 14 das 28 camas da nova sala, aínda que a demanda de pacientes e maior co motivo do pico de gripe. Camas non operativas, pola falta de novo persoal e producindo esperas de máis de 6 horas aos usuarios.
A presión asistencial é tan grande para o profesional, que empeora  claramente a seguridade mínima que se lle ten que prestar ao doente, e poñendo mesmo en risco, as condicións laborais que se teñen que dar en calquera servizo hospitalario. Son os propios traballadores de Urxencias  quen fixo entrega no rexistro hospitalario de máis de 100 firmas no que se denunciaba a sobrecarga laboral e a aparente falta de interés por buscar unha solución por parte da dirección neste contínuo  “caos”.
Esta situación, desenvólvese en pleno pico de gripe e cando dende a dirección se prima a non hospitalización dos doentes.
Non son admisibles os recortes cando se xoga coa seguridade e saúde tanto dos usuarios como dos profesionais que están ao seu cargo.

Exemplos sangrantes desta situación:
  • Pacientes que chegan a urxencias, pasan clasificación ás 16 hs e  son atendidos ás 23 hs, co conseguinte empeoramento da súa situación.
  • Pacientes pendentes de ingreso hospitalario, á espera dunha cama, e que se forza á alta ao seu domicilio en 24 horas.
  • Cubículos habilitados para un enfermo  que son ocupados por 2 sin ningunha privacidade, mesmo chegando a espirse un enfrente do outro.
  • Persoal que se lle obriga a ocupar 2 postos de traballo á vez, atendendo nun lado e noutro.
  • Sala de espera de resultados, que é utilizada como consulta de filtro sin ningunha habilitación para tal efecto ( pinchar analíticas enriba dun cubo de lixo a modo de mesa de apoio, etc…)
  • Falta de material, como tensímetros, termómetros, electrocardiogramas,…
NON TODO VALE NESTA POLÍTICA DE RECORTES

No hay comentarios:

Publicar un comentario