sábado, 18 de febrero de 2012

Medidas aprobadas por la Xunta de Galicia para los Empleados Públicos

Reproduzco tal cual la nota de prensa emitida por la Xunta tras el Consello da Xunta que se celebró ayer y en que aprobaron el Proyecto de Lei por el cual se producen importantes recortes para los empleados públicos ,
Decir dicen que no afectará a Sanidad ni Educación, pero.....tal y como está la cosa, QUIEN SE FIA????



INFORMACIÓN OS MEDIOS
Consello da Xunta
Autorízase tamén ao Consello da Xunta para revisar as retribucións do persoal directivo
dos entes instrumentais, así como das dietas por asistencia a consellos de
administración
A XUNTA APROBA MEDIDAS NA ADMINISTRACIÓN QUE PERMITEN MANTER 
OS SALARIOS DOS EMPREGADOS PÚBLICOS 
Os únicos que verán reducidas as súas retribucións serán os ex altos cargos
A aprobación desta lei non implica a redución de xornada nin para os funcionarios nin
para os interinos, e en ningún caso afectará aos de sanidade e educación
Todas as medidas que toma o Goberno galego xa están implantadas noutras
autonomías e a comunidade non inclúe ningunha adicional
As medidas serán temporais e revisaranse no ano 2014 en función da evolución do
PIB autonómico e non afectarán á prestación do servizo aos administrados
Galicia é a comunidade que regula con mellores condicións para os empregados
públicos a incapacidade temporal
Os empregados públicos galegos terán os mesmo días  de libre disposición que os
estatais
O Goberno galego aprobou hoxe o proxecto de lei de  medidas temporais en
determinadas materias do emprego público, un paquete de actuacións na Administración
e que permiten que esta comunidade, ao contrario do que fixo o anterior Goberno
central e polo menos tres comunidades, non tocar as retribucións dos empregados
públicos.
Os únicos que verán reducidos os seus salarios serán os funcionarios ex altos cargos, xa
que Galicia se converte nunha das dúas únicas comunidades en suspender o
complemento dos ex altos cargos, polo que este colectivo si verá diminuídos os seus
ingresos.
Autorízase ao Consello da Xunta de Galicia para que, en base a parámetros obxectivos,
poida revisar as retribucións do persoal directivo  dos entes instrumentais do sector
público autonómico, así como das dietas por asistencia a consellos de administración.
A aprobación desta norma non implica a redución de xornada nin para os funcionarios
nin para os interinos. Todas as medidas que toma o  Executivo autonómico xa están
implantadas noutras autonomías, polo que a Comunidade galega optou por non executar
ningunha iniciativa adicional o novidosa. Ademais, estas medidas teñen igual ou menor
intensidade que nas demais autonomías.  

Como exemplo, Galicia será a comunidade que regulará con mellores condicións para os
empregados públicos a incapacidade temporal, algo que teñen implantado outras cinco
autonomías, País Vasco, Madrid, Canarias, Valencia e La Rioja. Así, o Goberno galego
completará o 100% do salario desde o primeiro día de baixa cando sexa por
enfermidade profesional, accidente laboral, maternidade e por enfermidade común cando
conleve intervención cirúrxica ou hospitalización. Igualmente aboarase o 100% desde o
primeiro día para as contixencias relacionadas co risco por embarazo, risco durante a
lactancia natural e paternidade.
As medidas serán temporais e serán revisadas no ano 2014 en función da evolución do
PIB autonómico, serán para todo o persoal dependente da Administración autonómica,
pero non afectará á prestación do servizo aos cidadáns. Cando entre en vigor esta lei os
empregados públicos galegos manterán os seus días de vacacións e terán os mesmos
días de libre disposición que teñen recoñecidos os estatais, segundo o Estatuto Básico
do Empregado Público.

Fuente: www.xunta.es

No hay comentarios: