RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS DO PERSONAL SANITARIO NO MES DE MARZO.
Á espera de que Recursos Humanos do Sergas nolo confirme oficialmente nas próximos datas, todo indica que, POR FIN !!!, vaise publicar a baremación definitiva e o listado de adxudicación definitiva de destinos.
Salvo imprevisto, a resolución definitiva do concurso de traslados se publicará no DOG durante o próximo mes de MARZO, e pensamos que moi probablemente isto suceda a FINAIS DE MES, xa que aínda teñen que constituír a comisión técnica especializada de valoración da capacidade funcional daqueles participantes con discapacidad que requiran adaptación.
Unha vez publicada a resolución no DOG, os concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, no seu caso, desempeñen,dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación.
A TOMA DE POSESIÓN da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cese, si a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince días hábiles si as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde ou no prazo dun mes si a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.
Saúdos, Santi Rivero de Aguilar.

%2B21.11.02.png)
%2B18.12.50.png)

%2B20.24.02.png)
%2B18.30.45.png)
%2B18.31.00.png)
%2B22.17.59.png)
